| |
O bo facer da xente de San Simón amosou á familia Prestes a maneira de elaborar un producto emblemático e distinto, o queixo DOP SAN SIMÓN DA COSTA.
Foi a nosa avoa Xoana quen nos aprendeu o modo de elaborar este queixo de reis, de orixes celtas.
No ano 1991, Queixerías Prestes S.L. comeza a súa andaina, cunha elaboración diaria dunhas 20 pezas.
Actualmente Prestes elabora uns 160 000kg de queixo galego coas variedades DOP San Simón da Costa (normal e reserva), DOP Tetilla e queixo do país. A fábrica ten capacidade para 300 000 pezas.
Nestes 16 anos de trayectoria conseguiu ser unha das queixerías españolas máis galardoadas.
|
|
 |